sábado, 19 de junio de 2010

Inicio

No concello de A Laracha preto do Mosteiro de Soandres nun enclave e entorno privilexiados onde o clima atlántico é mais notorio, atópase a Finca A Corbeira. Aquí estamos axudando á recuperación da raza autóctona do "Porco Celta".

A finca de máis de 3 Ha., orientada ao Sur, con carballos centenarios e uns 200 castiñeiros, faina doada para que a cría e engorde dos animais non precise doutra alimentación que forraxes naturais e as castañas e landras que se producen na propia finca, obtendo deste xeito unha carne dificil de superar tanto en sabor como en contido de graxas.

No ano 2009 comenzamos a seleccionar convintemente, coa axuda dos técnicos de Asoporcel, os mellores exemplares para reproducción e cebo, acadando os primeiros partos en Maio do 2010.

Cumprimos escrupulosamente tódalas esixencias do regulamento da cría e engorde do "Porco Celta" tanto sanitariamente como na alimentación, así como a explotación en extensivo.

A nosa pretensión non e outra que contribuir á recuperación desta raza autóctona poñendo todo o esforzo para que así sexa.